O Clúster Audiovisual Galego, coa colaboración do IGAPE e o Concello da Coruña, organiza a VII edición do I+P, Ideas para Producir. Esta xornada de exposición de proxectos e entrevistas bilaterais celebrarase o vindeiro 23 de novembro no Edificio Ágora da cidade da Coruña.

Na xornada anterior ao pitching I+P, terán lugar diversas actividades que servirán para reflexionar sobre os beneficios que reportan as rodaxes nas cidades e as posibles estratexias de promoción e explotación existentes, como pode ser o turismo cinematográfico.

Nos documentos adxuntos atoparedes a convocatoria e o rormulario de inscrición no I+P, Ideas para Producir 2012. O prazo para inscribirse remata o 31 de outubro.