Voz Audiovisual, productora da serie ‘Padre Casares’, organiza un casting de dobres do Papa, Benedicto XVI, para a nova temporada da fición. Os candidatos deben ter un notable parecido físico co pontífice. Non é preciso que teñan experiencia alguna previa na pequena pantalla. Tampoco é preciso que conten con formación ou experiencia en interpretación, pois non terán que falar ante as cámaras.

Voz Audiovisual busca, simplemente, ao dobre máis perfecto de Benedicto XVI. O elixido participará nun capítulo moi especial da serie, que se emitirá na Televisión de Galicia o próximo mes de novembro.


Os interesados poden reservar cita chamando ao teléfono 629 613 376, en horario ininterrumpido, de 9.00 a 18.00 horas. Tamén poden escribir un correo electrónico á dirección: marcos.vazquez@vozaudiovisual.com. En todo caso, deben porse en contacto coa produtora o antes posible, para concertar unha entrevista. Padre Casares é a serie máis vista da Televisión de Galicia. Os novos capítulos chegarán á canle autonómica no mes de septembro.