A Praza de Abastos de Santiago de Compostela acollerá unha exposición dos personaxes e decorados reais da obra ‘O Apóstolo’, película de animación stop motion da produtora Artefacto. Esta acción forma parte do acordo de colaboración que se levará a cabo para a promoción do filme.

Ademais da exposición,  a campaña de promoción conxunta entre mercado e produtora porá en marcha outras iniciativas como o sorteo de dúas entradas para a premiere que se celebrará o 17 de xullo no Auditorio de Galicia, así como o sorteo de merchandising de “O Apóstolo”.

A presentación desta nova campaña de promoción presentarase o xoves 27 de maio a partir das 12.00 horas na praza compostelana.