Mañá mércores, día 20 e o xoves, día 21 de novembro ás 19.00h no Salón Teatro de Santiago terán lugar dous novos encontros do ciclo Vidal Bolaño recuperado: citas audiovisuais, que o Centro Dramático Galego está a desenvolver en Compostela dentro da programación que este ano está a dedicar ao autor homenaxeado co Día das Letras 2013.

Na sesión de mañá mércores 20 abordarase a montaxe de ‘A burla do galo’ e na do xoves 21, a de ‘Mar revolto’, ambas as dúas realizadas a partir dos textos que Vidal Bolaño escribiu ex profeso para o Centro Dramático Galego. Estas postas en escena serán analizadas polos profesores Xosé Manuel Fernández Castro (‘A burla do galo’) e Inma López Silva (‘Mar revolto’) a partir de fragmentos seleccionados das gravacións destes espectáculos, que darán paso ao coloquio co público. Ambas as sesións darán comezo ás 19.00 horas e son de acceso libre ata completar a capacidade do teatro.

Máis información en http://www.centrodramatico.org/cdg/novas/nova.php?id=1146&lg=gal