AS PRODUCTORAS BRITÁNICAS DO PROGRAMA CINE EURO AMOSAN O SEU INTERESE EN COPRODUCIR CON PARTNERS GALEGOS
Co gallo da presenza do Consorcio Audiovisual de Galicia no Sales Office de San Sebastián, as productoras británicas englobadas no programa Cine Euro amosan o seu interese en propiciar encontros con empresas galegas.
O Consorcio Audiovisual de Galicia é socio fundador da organización Cine-Regio, a cal engloba nestes intres a máis de 30 membros de 12 países da Unión Europea (www.cine-regio.org).
Entre os distintos grupos de traballo que desenvolve esta organización atópase CINE EURO. Este programa desenvólveo Screen-South e está dirixido a produtoras do Reino Unido.
Desde Screen-South puxéronse en contacto co Consorcio, xa que debido á presenza deste no Sales Office de San Sebastián, están interesadas en propiciar encontros entre as 8 productoras británicas que participan no programa CINE EURO e productoras galegas.
Estas empresas británicas teñen diferentes proxectos de longametraxes e están interesadas en contactar con compañías españolas de cara á co-producción europea dos seus proxectos.
Todas aquelas productoras que estean interesadas en manter un encontro coas británicas, pódense poñer en contacto co Consorcio no 981 545 098 ou a través do email proxectos@consorcioaudiovisualdegalicia.org.