As longametraxes para cine, favoritas nos Mestre Mateo 2015

10 / 03 / 2015

 

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer os finalistas en cada unha das 25 categorías da edición dos Premios Mestre Mateo correspondente a 2015, edición que supón a décimoterceira nos galardóns dos premios do audiovisual galego. A primeira rolda de votacións dos académicos da AGA sitúa a A Esmorga como a máis votada entre as 111 pezas que participaban nesta primera votacións dos premios. A longametraxe suma 16 candidaturas, a seguir, figura a longametraxe Os Fenómenos que conta con 11 candidaturas. A terceira das obras máis votadas é a serie Serramoura que conta con 9 presenzas entre os finalistas. A longametraxe Schimbare está presente en 8 das categorías dos galardóns.

 

Nun acto celebrado no Auditorio Abanca, en Compostela, presentado pola actriz Mercedes Castro e polo actor Ricardo de Barreiro, a Academia Galega do Audiovisual deu conta de cada un dos nomes que competirán na rolda definitiva para coñecer aos gañadores dos Mestre Mateo 2015, na gala que se celebrará o vindeiro 11 de abril, no mesmo espazo no que se celebrou na pasada edición, o auditorio de Palexco na cidade coruñesa.

 

Este ano, a Academia Galega do Audiovisual estrenou un novo procedemento de votacións que permite aos socios votar en liña, facilitando o sistema de voto e axilizando a súa xestión. Este novo procedemento será o que se utilice tamén para as votacións finais. Os académicos terán que escoller entre un total de 42 obras entre longametraxes, series de televisión, series web, documentais, programas, etc.

 

A listaxe completa de finalistas por número de candidaturas e por categorías podedes descargalo aquí

Etiquetas: