A Academia Galega do Audiovisual proxectará na vindeira semana as curtas presentadas aos Premis Gaudí deste ano, que se celebrarán o vindeiro día 17 de xaneiro en Barcelona. Esta actividade vén celebrándose dende o ano pasado, onde as curtas presentadas aos Premis Gaudí son proxectadas en Galicia, antes de recibiren os galardóns. Posteriormente tamén serán exhibidas as longametraxes premiadas. Do mesmo xeito, as obras presentadas aos Premios Mestre Mateo, no capítulo de curtas e longas premiadas, tamén serán exhibidas en Cataluña.

Dende o 10 ao 14 de xaneiro todos os interesados poderán gozar co mellor do panorama audiovisual catalán nas sedes da Fundación Caixa Galicia na Coruña, Lugo, Ourense Santiago e Vigo, a partir das 19.30 horas. Así o luns día 10, en Lugo, poderemos gozar coas seguintes obras: Las piedras no aburren, de Marta Parreño Gala; La Lona, de Jaime Serrano; La historia de siempre, de José Luís Montesinos, Fuck war, de Germán Roda, Lucille, de Albert Pintó, Amistad, de Alejandro Marzoa; Voces Vitales, de Julieta Zabaleta Rondón; Amor por metro cuadrado, de Jorge Carrascosa; e Gear School-Plug & Play, de Luis Calvo e Ismael Ferrer.

O día 12, na sede da Fundación Caixa Galicia en Vigo as obras proxectadas serán: Radio Taxi, de Jordi Bueno; Les bessones del Carrer de Ponent, de Marc Riba e Anna Solanas; Espiz, de Martín Gutiérrez; Absència, de Javier Muñoz; Sinceridad, de Paco Caballero; Mi amigo invisible, de Pablo Larcuen; e El sueño de Rosetta, de Giovanni Quinti e Jaime Brañas.
Na Coruña, o mércores 13 de xaneiro, as curtas que se van exhibir son Lastrain, de Tony López e David Sanz; Estar aquí, de Silvia González Laá; Mi nombre es Alex, de Gerardo Vieytes; La venganza de Mariela, de Luis Cabeza Requena; La culpa, de David Victori; Todo queda en familia, de Luis Fabra; Mecanoscrit V2.1, de Juan Irache; e La cita, de Santiago Lapeira.

Viaje al planeta rojo, de Sánchez Alonso; Llueve Sobre Mojado, de Joan Álvarez i Lladós; Marcianas, de Sintu Amat; Un mundo de juguete, de Ana Puit; Battle games, de Tony Higueruelo; Ejercicio, de Raúl Pérez; e BMW, de Pol González serán as curtas proxectadas en Ourense *o xoves día 13.

Para rematar esta actividade, o venres en Santiago os traballos presentados aos Premis Gaudí que serán proxectados son: Allah Bakhs, de Joan Soler; Ángeles sin cielo, de Vicente Cuadrado Fraile; Lo siento, te quiero, de Leticia Dolera; La fugida, de Victor Carrey; Miércoles: Scorsese, de Jordi López; Get Stuffed, de Àlex Villagrasa; e Morir cada día, de Aitor Echevarría.

Tedes máis información na web www.academiagalegadoaudiovisual.gal