“SÓ PORQUE AS COUSAS SON ASÍ NON QUER DICIR QUE ASÍ DEBEN SER”

4 / 11 / 2015

Comentaba nunha reflexión previa a este artigo que o tema proposto pola Academia para o anuario deste ano resultoume tan abafador como desconcertante. O primeiro porque “a muller” non é un tema senón máis do 50% da poboación e o segundo porque de pouco serven as opinións sen debate e sen propósito definido.

Custoume atopar enfoque porque pouco podía aportar reproducindo os (negativos) datos que reflicten informes, observatorios e artigos. Pero tampouco me apetecía o ton defensivo que destila o subliñado dos (moitos) casos de directoras, realizadoras e demais profesionais do sector, que demostran que non se trata de limitacións intrínsecas senón de barreiras externas dun sistema tan anquilosado e arcaico como poderoso.

Na miña reflexión previa cheguei á conclusión de que o punto de partida non deixaba de ser o mesmo que en outros moitos sectores e profesións: o diñeiro e o poder. Pero, ¿cómo abordalo sen caer en personalismos ou manidos argumentos? Necesitaba un exemplo concreto, e pareceume que podería ser o da Escola de Cine do Sahara Occidental.

A finais de 2013 tiven ocasión de acercarme ao seu traballo nun acto do colectivo Left Hand Rotation e quixen saber máis. Afondando na súa Web sorprendeume a súa aposta por unha futura industria audiovisual propia, pero o que máis me destacou foi a contundencia das conviccións das que parten: a potencia do audiovisual (como linguaxe e como canal) e que o futuro, por difícil que pareza, no só está por construír senón que depende de si mesmos.

Como final do acto de aquel día proxectáronse 16 curtas, de un minuto cada unha, realizadas por estudantes da escola. Houbo minutos certamente intensos, de feito a frase que da título a este artigo tomeina prestada dunha das curtas. Destacaron en calidade os traballos dirixidos ou realizados por alumnas. Cativoume especialmente o de Digja Mohamed Salem titulado Esperanza e tenrura. Sigo preguntándome cómo en esas dúas palabras, e en tan só 60 segundos, cabe o pasado, o presente e a potencia do futuro soñado.

¿E por qué me pareceu adecuado este exemplo para o artigo? Pois de entrada pola determinación dun pobo que, privado ata do seu territorio, ve no audiovisual unha oportunidade para manter e proxectar a súa esencia. É dicir, non o consideran un luxo senón unha táboa de salvación para recuperar a posición no mundo: o arte e a creación como obxectivo e como instrumento. E isto me leva a facerme preguntas sobre que ocorre cando a carencia de medios pon a home se mulleres no mesmo punto de partida.

Dicíannos na exposición previa ás proxeccións que na Escola de Cine del Sahara hai más alumnas e que, en xeneral, aplícanse máis e acadan mellores resultados que os alumnos. Parece que cando o sistema non impón a súas regras, cando faltan os incentivos e circuítos do “diñeiro e o poder”, o talento e o traballo son a mellor baza para poder avanzar.

Non pretendo desenvolver una teoría ao respecto pero no é difícil intuír que si en algún momento cambia a situación económica de la Escola ou do pobo saharauí, séculos de tradición varrerán e relegarán esa liberdade creativa en aras das “urxencias”.

No noso civilizado e desenvolvido mundo os indicadores son outros. O do talento e o traballo é un intanxible difícil de demostrar así que precisamos aferrarnos á medición de síntomas que nos levan por terreos pantanosos, como a desagregación por sexo na concesión de subvencións, a presenza en medios ou en comités e xurados. Ao cabo, todo máis relacionado co envoltorio que co talento e a profesión. O problema segue estando nos modelos de negocio (diñeiro) e nos círculos de poder, que son restritivos, insolidarios e autocompracentes.

Pero no quería deixar de facer referencia ao Test de Bechdel que, coas súas tres “sinxelas e potentes” preguntas, bota bastante luz sobre a brecha de xénero nas obras de ficción. Só si se pode responder “si” a dúas das tres preguntas significa que o contido non instrumentaliza á metade de la poboación:

  1. ¿Na película saen ao menos dúas personaxes femininas?
  2. ¿Teñen nome e falan entre elas en algún momento?
  3. ¿Esa conversación trata de algo que non sexa un home?

Resultoume esperanzadora á reflexión dun coñecido director sobre a súa propia obra: “Como director que non pasa o test de Bechdel, creo que 1) Non é un ataque 2) Non é unha crítica. É a clarificación dun síntoma a corrixir”.

Cando menos contrarresta a oportunista nostalxia dos tópicos que pretenden un homenaxe de cine á muller con títulos tan épicos como “Con la pata quebrada”.

No hai que buscar as fronteiras no estranxeiro senón moito mucho máis preto. Porque fronteira é o tránsito social entre dúas culturas, aínda que convivan no espazo e no tempo.