“ARRUGAS” SEGUE ANDANDO O SEU CAMIÑO INTERNACIONAL CON VENDAS A FRANCIA E REINO UNIDO

19 / 06 / 2012

A película “Arrugas”, producida por Perro Verde Films e recentemente galardoada co premio do Xurado no Festival de Cine Animado Annecy, foi vendida por Six Sales a Francia (Bac Films) e Reino Unido (Manga Entertainment) para a súa estrea en salas de cine. A venda a Francia é máis que importante e significativa xa que este mercado perfílase como clave para esta cinta. O país galo soe ter un especial interese no cine animado autoral así como o ten en toda a cultura do cómic, onde Francia é unha capital a nivel de editoriais e artistas. “Arrugas“, de Paco Roca, foi un grande éxito de vendas e premios nese país.

Estas dúas vendas súmanse a Estados Unidos, Canadá, Rusia (e o CIS), Latinoamérica, China e Polonia, mentras Xapón segue en negociacións.

Categoría: Novas
Etiquetas: