Do 12 ao 20 de novembro celébrase nos Multicines Hollywood de Monforte de Lemos (Lugo) a XII Mostra de Cine, organizada polo Cineclub A Calexa, na que se exhibirán 4 longametraxes de cine de autor, e 5 traballos da comarca.

A XII Mostra de Cine de Monforte de Lemos exhibirá, dun lado, catro longametraxes de cine de autor recentes, en sesións gratuítas ás 22:30 horas nos Multicines Hollywood. Onte luns, 12 de novembro, tocoulle a quenda á película indie estadounidense Moonrise Kingdom, de Wes Anderson; o martes 13, á coproducción entre Reino Unido e Irlanda O irlandés, de John Michael McDonagh; o luns 19, á española Grupo 7, de Alberto Rodríguez; e o martes 20, á británica Shame, de Steve McQueen.

A xornada do venres 16, que comezará ás 20:30 horas, dedicarase á proxección de obras audiovisuais feitas por autores ou productoras da comarca lucense, ou rodadas nela. Trátase dos curtos Birthday, de Ana Lambarri, Un cobarde, de David Rodríguez, e Fame, de David Valcárcel; a mediametraxe Pecados, de Luís Noriega; e o trailer de Deil, o novo traballo de David Rodríguez. Á sesión asistirán representantes dos equipos de todas as obras, que manterán un coloquio co público.