APERTURA DE CONVOCATORIA PARA O FESTIVAL DE CANS 2011

8 / 02 / 2011

A Asociación Cultural Arela informa que desde o día 7 de febreiro e ata o 15 de marzo está aberto o prazo de admisión de curtametraxes e videoclips galegos para participar na oitava edición do Festival de Cans, que se celebrará do 18 ao 21 de maio na aldea de Cans (O Porriño). O Festival de Cans entregará este ano preto de 6.000 euros en premios, ao que se suman os Cans de Pedra, estatuíñas co emblema do festival realizadas polo artesán canteiro local Paco Candán. En total entregaranse 9 galardóns: seis para curtametraxes, dous para videoclips e un premio honorífico. A pesar de que a crise económica tamén afecta ao festival a nivel de apoios e patrocinios, Cans fará un esforzo para volver apoiar as curtas galegas coa dotación económica dos premios, pois son conscientes da súa importancia para apoiar o labor dos novos realizadores, que é obxectivo prioritario do Festival.

Podedes consultar as bases na web www.festivaldecans.com.

Categoría: Novas
Etiquetas: