AMAL DESPRENDE CULTURA ÁRABE DO XEITO MÁIS ORIXINAL

10 / 10 / 2012

Composteláns e turistas poderán empaparse estes días de cultura árabe de xeitos moi variados grazas as actividades paralelas que se programaron dende o Festival Amal.

O xoves día 11 de Outubro, ás 19,00 h da tarde, inaugúrase a exposición Amal Filatélico na Igrex da Universidade. Trátase dunha mostra de aqueles sobres e sellos que chegaron dende diversos países árabes envolvendo tódalos filmes que este ano participan no festival de cine. Amal Filatélico xira en torno a 8 países (Alxeria, Marrocos, Tunisia, Exipto, Líbano, Qatar, Bahréin e Irak) e varias ducias de sellos que nos informan sobre os eventos máis relevantes que marcaron a actualidade en diferentes países do mundo árabe, pero tamén sobre o legado histórico e artístico de certos países árabes.

A coordinadora do Festival Amal, Coralie Yap Chine e Julia Crespo, Licenciada en Belas Artes, reciclaron o material recibido para dar a coñecer a riqueza orixinal dalgúns sellos, outorgándolles un valor diferente ao seu, coa finalidade de difundir outro aspecto da cultura árabe.

A exposición Amal Filatélico 2012 inaugúrase o xoves 11 de outubro as 19,00 h da tarde. Estarán presentes Mercedes Rosón, Subdiretora da Área de Cultura da USC, así como a comisaria da exposición, Coralie Yap Chine y el equipo del Festival Amal, dirixido por Ghaleb Jaber Martínez.

A mostra poderá visitarse na Igrexa da Universidade entre o 11 e o 22 de Outubro.

Outro dos xeitos de aproximar a cultura árabe a Santiago é a través dos obradoiros de Danza e Caligrafía árabes. Ambos se impartirán o sábado 13 de Outubro no Hotel Araguaney. O de danza terá lugar as 11 da mañá e será gratuito, previa inscrición na web do festival (www.festivalamal.es). Para asistir ao de caligrafía, que será as 16 horas, haberá que pagar a cantidade de 30 euros.

Categoría: Novas
Etiquetas: