AGAG ORGANIZA UNHA MASTERCLASS EN SANTIAGO SOBRE AS SERIES DE ANIMACIÓN A CARGO DOS GALLEGO BROS

22 / 06 / 2012

A Asociación Galega de Guionistas (AGAG) organizou unha Masterclass, o 30 de xuño na sede da SGAE en Santiago de Compostela, de 11:00 a 14:30 horas, na que Emilio e Jesús Gallego (Gallego Bros) analizarán o complexo proceso de creación e desenvolvemento do guión dunha serie de animación.

As series de animación españolas levan años conseguindo éxito mundial. Sen embargo, son froito dun proceso creativo moi complexo que implica a coordinación do traballo conxunto de deseñadores, grafistas, guionistas e produtores executivos. Na Másterclass organizada por AGAG en Santiago, Emilio e Jesús Gallego (os Gallego Bros), creadores de series de animación como Shuriken School para Zinkia (Pocoyó) e Xilam Animation (As novas aventuras de Lucky Luke), e Pirata y Capitano para Vodka Capital (Jelly Jamm), profundizarán no proceso de creación e desenvolvemento do guión de series do xénero.

Durante a sesión explicarán como se organizan os equipos creativos, como se crean as personaxes, se se desenvolven primeiro visualmente e logo literariamente, ou viceversa, como se crea o universo inventado, como se escribe un guión destas características, ou en que consiste exactamente o proceso de escritura. A clase maxistral ten un custe de 30 euros (25 para estudantes e 10 para socios da Asociación Galega de Guionistas). O prazo de inscrición conclúe o 29 de xuño, e as prazas son limitadas. Máis información, no correo electrónico formacion@asociaciongalegadeguionistas.org.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: