ÁBRESE O PROCESO DE ACREDITACIÓN DE PRENSA PARA O FESTIVAL DE CINE AMAL

19 / 09 / 2012

Este ano celébrase a X edición do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, dirixido por Ghaleb Jaber Martínez. Unha cita que se consolido unas axendas de gran parte dos medios decomunicación galegos, nacionais e internacionais. Durante a semana na que se celebra o Festival amal, achéganse a Santiago un gran número de periodistas para informar deste evento a miles de persoas de todo o mundo. 

Por iso, Amal abre o proceso para que profesionais do cine e xornalistas se acrediten e desfruten das ventaxas que lles outorga a acreditación. As persoas acreditadas poderán asostor gratuitamente a tódalas actividades e proxeccións de Amal, así coma dispor dun espazo e tempo acordados co gabinete de comunicación para entrevistar a directores, actores e demáis persoal que forma parte de Amal.

Para asistir a calquera das actividades que propón Amal, os interesados deberán cubrir a ACREDITACIÓN que se mostra na web do festival (www.festivalamal.es) e enviala, xunto cunha foto, a: formación@araguaney.com

Categoría: Novas
Etiquetas: