Seguindo o establecido nas bases dos Mestre Mateo, poñemos na web da Academia á vosa disposición a listaxe con todas as obras e profesionais inscritos a esta nova edición dos Premios.

Desde o luns 25 de novembro e ata o venres 29 de novembro ás 14.00 horas, as socias e socios da Academia revisarán a listaxe de obras inscritas aos XVIII Premios Mestre Mateo, co obxectivo de observar se faltan candidaturas de obras e/ou de profesionais. Así mesmo, os profesionais poderán retirar a súa candidatura se non están conformes coa mesma. 

Unha vez recibidas as achegas, a comisión de seguimento reunirase e revisará todas as candidaturas e, unha vez finalizado o proceso, publicarase unha primeira listaxe provisional. 

Importante destacar que esta non é a listaxe provisional de candidatos. Esta obterémola en canto a comisión de seguemento revise todas as candidaturas recibidas.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactar coa oficina da Academia no teléfono 981 227 701 ou no mail premios@academiagalegeadoaudiovisual.gal.

Enlaces de interese: | Bases | Listaxe de obras inscritas aos XVIII Premios Mestre Mateo