Publicamos a listaxe provisional de inscritos aos XVIII Premios Mestre Mateo

7 / 01 / 2020

Seguindo o establecido nas bases dos Premios Mestre Mateo, poñemos á vosa disposición a listaxe provisional con todas as obras e profesionais inscritos a esta nova edición dos Premios.

Desde hoxe, 7 de xaneiro, e ata o vindeiro venres día 10, as socias e socios da Academia poderán presentar alegacións sobre as obras e profesionais inscritos en prazo e forma nesta esta nova edición dos Premios Mestre Mateo.

Unha vez recibidas as alegacións, a comisión de seguimento reunirase e revisará todas as candidaturas para, posteriormente, publicarar a listaxe definitiva.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactar coa oficina da Academia no teléfono 981 227 701 ou no mail premios@academiagalegeadoaudiovisual.gal.

Enlaces de interese: | Bases | Listaxe provisional de obras inscritas aos XVIII Premios Mestre Mateo

Etiquetas: