A PELÍCULA “EL POEMA EL CUADRO EL DISCO” PROXECTARASE POR PRIMEIRA VEZ NO FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE BUENOS AIRES

22 / 03 / 2010

A película “El Poema El Cuadro El Disco” protagonizada polo dúo musical “Lovely Luna” (Xoel Lopez e Felix Arias) , a pintora coruñesa Lara Pintos , un poeta e un debuxante foi seleccionada para ser estreada en Sudamérica, dentro do Festival de Cine Internacional de Buenos Aires, o ‘Bafici’.

Este documental de baixo presuposto leva un mes percorrendo os festivais internacionas a atopou en Buenos Aires a súa primeira selección. Nun comunicado o BAFICI refírese deste xeito á peza audiovisual:

(…) As reflexións e as incógnitas antes, durante ou despois de gravar, pintar, escribir ou filmar se sinten próximas, agudas pero amables, froito da experiencia adquirida e tamén do crecemento no traballo(…). Así, no  rexistro áxil deses procesos e entre personaxes entrañables, introducímonos na cotidianidade da gravación dun disco, e os Lovely Luna (Xoel López e Félix Arias), revélanse como un dúo folk-pop para descubrir e/ou disfrutar polo espectador(…)

Categoría: Novas
Etiquetas: