O próximo venres ás 8 da tarde “Pode ser”, a nova curtametraxe de Carlos Seijo e Mr Misto Films, será presentada no Salón de actos da Fundación Caixa Galicia da Coruña. A peza interpretada polos actores de recoñecido prestixio, Camila Bossa e Tonhito de Poi, foi gravada durante a realización do IV Festival Creativo de Curtas On&Off en Ribadeo, despois de que o director se alzara co primeiro premio no concurso A Toda Mecha, na edición anterior do certame.
A curtametraxe, unha historia de amor nada convencional, será presentada polo seu autor na tarde do venres ante o patio de butacas da Fundación, onde estarán presentes os actores da peza audiovisual, os membros do equipo técnico así como diferentes representantes da productora.