Esta pasada fin de semana celebrouse na localidade de Navarcles, en Barcelona, a clausura do Festival Internacional de Cinema Solidari, CLAM 10.. A curtametraxe Dies dei de Nani Matos obtivo o 3º Premio do xurado e o Premio do público conseguindo ademais, ser a primeira curtametraxe na historia do festival que leva un premio do xurado e o premio do público conxuntamente. Unha coincidencia que nunca habia pasado en anteriores edicións. Este festival, que aposta por un cine de valores e de problemáticas sociais, dedicou nesta edición unha parte da súa programación aos represaliados e outra á vida rural e urbana.

A historia que se conta en Dies dei e unha historia intimista, de sentimentos afectivos encontrados e entrelazados, e protagonizada por unha parella de persoas maiores. Un drama que transpira problemas sociais como é a situación e os problemas dos nosos maiores: soidade, enfermidades… Esta curta recibiu unha axuda da Consellería de Cultura e Deporte no apartado de axudas individuais para a realización de curtametraxes, así mesmo contou coa colaboración do Concello da Guarda e a Asociación Cultural Morraceira .

 

A curtametraxe conta cun elenco de actores moi coñecidos para o público galego como son Mela Casal e Xan Cejudo como protagonistas e cun reparto de luxo onde tamén participan Susana Dans, Camila Bossa e Luis Iglesia

 

Escrita e dirixida por Nani Matos, este proxecto supón a súa primeira incursión como director e guionista xa que a súa vinculación ao mundo audiovisual céntrase ata o de agora na interpretación.

 

Dies dei comenzou hai uns meses a súa andadura por festivais nacionais e internacionais, estando seleccionado por varios destes. Recentemente recibiu o diploma de Finalista no VII Festival Internacional de Cortometrajes Universidad de La Laguna (Tenerife).