A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL PRESENTA UNHA NOVA EDICIÓN DOS PREMIOS MESTRE MATEO

30 / 09 / 2010

A novena Gala dos Premios do Audiovisual Galego Mestre Mateo celebrarase o vindeiro 16 de abril no Auditorio Municipal do Concello de Ourense. Así o anunciou o domingo o Presidente da Academia Galega do Audiovisual, Xosé Manuel Olveira ‘Pico’ na rolda de prensa que tivo lugar no Centro Cultural da Deputación de Ourense, no marco do Festival Internacional de Cine de Ourense.

Pico estivo acompañado na rolda de prensa por Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense, mentres que en representación do Festival Internacional de Cine de Ourense interviñeron o seu Director Xerente Enrique Nicanor e a Presidenta do Consorcio do Festival e Concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Isabel Pérez. É a primeira vez que a cerimonia se celebra en Ourense, un dos concellos que máis apoia o audiovisual galego coa celebración anual do Festival de Cine Internacional de Ourense.

Etiquetas: