A Academia Galega do Audiovisual abre o prazo para as obras que desexen participar nos Premios Mestre Mateo ata o vindeiro 4 de decembro de 2015. Por primeira vez a inscrición para poder concorrer a estes premios realizarase en liña, facilitando as fórmulas de participación nestes galardóns que pretenden salientar o mellor das produccións galegas do presente ano.

Esta nova edición será a décimocuarta desde a posta en marcha dos premios e será a primeira na que todo o proceso poderá ser realizado en liña polos membros da Academia Galega do Audiovisual. Por primeira vez desde a posta en marcha dos premios, toda a participación nestes premios organizados pola AGA poderán ser resoltos desde a rede. Os interesados en presentar obras aos premios poderán facelo na web da Academia. Os académicos que voten nas dúas rondas poderán tamén facelo desde a mesma web, pero ademais os socios da AGA poderán visionar as obras presentadas a premio directamente na rede.

Como nos últimos anos, os Premios Mestre Mateo pretenden recoñecer o traballo do sector do audiovisual galego. Os premios seguirán un calendario similar ao de edicións anteriores. Unha primeira rolda de votacións para escoller aos finalistas en cada categoría e unha rolda final para escoller aos gañadores que se coñecerán na gala dos Premios Mestre Mateo que, un ano máis, se celebrará en A Coruña.

Nesta ligazón tendes as bases completas para os premios, as categorías dos premios e o formulario de inscripción:
https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/premios-mestre-mateo/xiv-premios-mestre-mateo/