176 obras buscan un Mestre Mateo

12 / 01 / 2017

Publicamos o listado definitivo de candidaturas que participarán na XV edición dos Premios Mestre Mateo. A partir desta publicación comeza a primeira rolda de votacións dos premios. Os académicos e académicas emitirán os seus puntos nas vinte cinco categorías a través da plataforma de visionado e votación en liña, e así elixir aos catro finalistas que se anunciarán o vindeiro mes de febreiro e que optarán a levarse un Mestre Mateo.

Un total de 176 obras (das cales 5 son longametraxes, 25 documentais, 10 series de televisión, 9 series web, 32 programas de televisión, 31 curtametraxes de imaxe real, 8 curtas de animación, 20 anuncios publicitarios e 36 videoclips), 171 produtoras e 498 profesionais forman parte do listado, o que supón un incremento en relación ás edicións anteriores dos premios.

Moita sorte a todxs!

Listaxe definitiva candidaturas XVPMM

 

 

 

Etiquetas: