14 OBRAS EXHÍBENSE NA XXII SEMANA DE CINE DE O BARCO DE VALDEORRAS

24 / 08 / 2012

Do 24 de agosto ao 3 de setembro vaise a celebrar no Teatro Lauro Olmo-Casa da Cultura da localidade ourensá de O Barco de Valdeorras, a 22ª edición da súa Semana de Cine, organizada polo Cine Clube Groucho Marx da poboación, con diversos apoios, na que se van a exhibir 14 obras. Haberá bonos para todos os filmes para adultos por 25 euros, e para os nenos por 6 euros. A Semana de Cine de O Barco de Valdeorras, cuxo presuposto ronda os 4.000 euros, inclúe un apartado de cine español no que se van a proxectar Carmina o revienta, Los niños salvajes, Elefante blanco, Miel de naranjas e Eva. Nunha sección de cine de actualidade ofreceranse Los juegos del hambre, The Artist, La invención de Hugo, Drive e El exótico hotel Marigold; e nun ciclo de cine infantil, Kika Superbruja: el viaje a Mandolán, Fucsia la minibruja e Ice Age 4: la formación de los continentes, ademais dos citados Los juegos del hambre e La invención de Hugo. O programa complétase coa curta Anacos, de Xacio Baño.

Categoría: Novas
Etiquetas: