A curtametraxe “O Xigante”, da produtora Abano Producións, foi galardoada co Premio do Xurado Popular á Mellor Curta no 45º Festival de Brasília do Cinema Brasileiro, Brasil.

Realizada con técnicas de animación 2D e 3D, é unha curta na que se pretende mostrar a fantástica viaxe que é crecer. “O Xigante” simboliza o corazón de todos os pais, homes e mulleres que, a través da súa mirada, revelan o mundo aos seus fillos axudándolles a construír o seu universo, a trazar os seus camiños, a corrixir calquera desvío no magnetismo do seu compás… e a deixalos marchar cando chegue o momento adecuado.

O filme, estreado o pasado mes de marzo, colleitou xa numerosas nominacións e premios nestes cinco meses de andaina:

·         Festival de Cinema Español de Málaga 2012. Seleccionado a competición

·         Curtocircuíto2012 (Santiago de Compostela). Finalista Mellor Animación Compostelae / Finalista Mellor Curta Galega Curtocircuíto 2012

·         Animabasauri 2012. Seleccionado competición

·         Festival de Cans 2012. Premio á Mellor Curta de Animación

·         Lucas Kinderfilmfest 2012 (Frankfurt). Seleccionado a competición

·         Divercine 2012 (Uruguai). Premio Xurado Internacional á Mellor Curta de Animación

·         Festival Tofuzi 2012 (Xeorxia). Seleccionado para The Best Filme for Children

·         Festival Cinanima 2012 (Portugal). Seleccionado Programa Infantil

O Festival de Brasília, que tivo a súa primeira edición en 1965, é un dos festivais máis prestixiosos en Brasil.

http://www.festbrasilia.com.br/noticias/premiao-45-festival-de-braslia-do-cinema-brasileiro