VOLVE CHAPA E PINTURA ESTE XOVES NA TELEVISIÓN DE GALICIA

12 / 08 / 2014

Televisión de Galicia emitirá este xoves, 14 de agosto, o quinto capítulo da serie Chapa e pintura, primeiro da nova tempada. A serie de Voz Audiovisual promete facer sorrir a todos aqueles que se senten diante do televisor para gozala. Como? Con dous elementos simples e próximos. O primeiro, os personaxes. Tipos reconocibles, propios do noso día a día, veciños potenciais de calquera rúa galega. O segundo, unhas tramas que nacen dos conflitos propios da guerra de sexos; unha guerra da que todos, cada un na súa medida e circunstancias, temos bastante experiencia. Gravada maioritariamente nos platós da produtora, pero tamén en diversos exteriores e interiores naturais, Chapa e pintura transpórtanos a un ficticio pero moi recoñecible vecindario no que, entre outros establecementos, conviven un taller de motos e un salón de beleza. Unha tranquila e próspera rúa peatonal onde a vida podería transcorrer moi pracenteiramente, si non fóra polas intrigas dos seus veciños, envolvidos nesa guerra tan incruenta como divertida, que é a guerra de sexos.

Chelo e Raúl levan máis de 20 anos casados, cando ela descobre que o seu aparentemente idílico matrimonio foi en realidade un desfile de infidelidades. E infidelidades das que desbasten (máis): repetidas, descaradas e indiscretas. Unha desgraza. Pero como as traxedias non veñen soas e menos cando un está casado (aínda que sexa mal casado como neste caso), o mesmo día que Chelo descobre a súa traxedia, Raúl quédase sen muller, sen traballo e sen casa. Xustiza poética. Pero o noso galán, ao que lle faltan recursos pero sóbralle desvergoña, pouco tardará en atopar refuxio na casa do seu fillo Lucas Miroslav e sustento no negocio de Ciriaco, o seu suegro.

Con Chelo e Raúl oficialmente separados, no primeiro capítulo desta segunda etapa coñeceremos ao Raúl máis detallista, capaz de montarse unha coreografía cos seus amigos, coa canción favorita da súa ex muller, con tal de reconquistala. Pero nin el é Patrick Swayze, nin Chelo estará disposta a bailarlle a auga. Terao moi difícil este comercial de dubidoso éxito reconvertido a mecánico de motos, para convencer á perruqueira.

Rostros coñecidos e grandes descubrimentos

Chapa e pintura é unha serie coral, con rostros moi recoñecidos e outros que se estrean na TVG. Nomes como os de Manuel San Martín (Géminis, Libro de familia), Mara Sánchez (Mareas vivas, Libro de familia, Matalobos), Carolina Vázquez (Padre Casares, Matalobos, A miña sogra e máis eu), Vitoria Teijeiro (Aguia Vermella, Aída, Cóntame), Xoel Yáñez (Matalobos, Vilamor), Miguel Pernas (Mareas vivas, Pratos combinados, Góndar), Fernando Dacosta (Pradolongo, A metade dá vida), Mariana Expósito (Matalobos, Padre Casares, Escoba!), Dores Gippini (A miña sogra e mais eu) e Fernando González. O reparto complétase, entre outros, con tres alumnos saídos da Escola de Interpretación de Voz Audiovisual: Carmen Branco, Antón Belmonte e Ismael Sobrino.

A parella. Instrucións de uso

Pero este estreo non vén só pois, tamén de Voz Audiovisual, xusto antes volve á TVG o programa A parella. Instrucións de uso. Un exhaustivo estudo sociolóxico no que veremos reflectido nese estraño espello cóncavo que é a retranca, as circunstancias das nosas vidas en parella.

A parella. Instrucións de uso suscitará preguntas que todos facémos/facémonos pero que non nos atrevemos a responder e buscará a resposta naqueles sitios onde a xente fala sen complexos: os talleres, as barbarías, os pequenos faladoiros improvisados na rúa… Un pequeno exercicio que, a recado, levaranos a compartir a opinión daquel xenio que dicía que a realidade sempre supera á ficción.

Teña vostede coidado si, de súpeto, un estraño achégaselle pola rúa para interesarse pola súa vida amorosa. Pode ser Juan Fontes, condutor do programa, á caza de incautos capaces de confesar que non sempre foron fieis ás súas parellas ou que a relación coa súa sogra deixa moito que desexar. Aínda que tamén os hai posuidores dunha gran experiencia, dispostos a compartir a súa sabedoría con calquera que queira escoitar. Perfecto. Nós (e connosco o público de TVG) seremos todo oídos… Esta primeira semana, o tema será a sedución.

Categoría: Novas
Etiquetas: