VODA NA CORUÑA PARA OS PROTAGONISTAS BRASILEIROS DE CASAMOS

4 / 02 / 2012

A voda de dous brasileiros protagonizará o prime time do sábado en TVG. Verónica e Manuel son descendentes de familias galegas que emigraron desde Santa Comba (A Coruña). Tras varios meses organizando o enlace por internet, os mozos reencóntranse con poucos días de marxe para rematar os preparativos da súa voda en Galicia.

 

Casamos! A Historia de amor de… emítese con éxito no prime time as noites dos sábados. Está producido por Zenit Televisión e Produtora El Progreso para TVG, e aposta por historias reais de superación, compromiso e amor. Os interesados en participar nos programas da terceira temporada poden contactar no teléfono 619 77 19 19 ou en bodas@zenittv.com.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: