UNHA CURTAMETRAXE GALEGA, A TERCEIRA MÁIS VISTA DO NOTODOFILMFEST.COM

8 / 02 / 2013

A curta galega “Bukkake”, protagonizada por David Perdomo e Estíbaliz Veiga e dirixida polo vigués Edu Lavandeira está a ser unha das máis vistas da nova edición do concurso de curtas nacional máis importante da rede, o notodofilmfest.com. Actualmente ocupa o terceiro lugar das máis vistas entre as máis de 400 curtas que hai a concurso actualmente. O concurso continúa aberto durante as próximas semanas. Un dos moitos premios en xogo é precisamente ese, o premio á curta máis vista do festival. A curta, unha comedia de parella sobre esa práctica sexual de orixe xaponesa chamada “Bukkake”, pódese visualizar neste enlace.

http://www.jamesonnotodofilmfest.com/cortos.html?id=cw5105bfe81d49c

DATOS:

  • Xénero Comedia
  • Duración 3:30
  • Actores David Perdomo, Estíbaliz Veiga
  • Guión, dirección e montaxe: Edu Lavandeira
  • Localizacións A Coruña
  • Cámara Canon 5D Mark II


Sinopse: Bukkake é un xénero pornográfico e unha práctica de sexo en grupo, onde unha serie de varóns se turnan para exacular sobre unha persoa, xa sexa varón ou muller. Polo xeral, ao finalizar a persoa sobre quen se exaculou trágase o semen, baleirado previamente nun vaso ou outro elemento similar.

Categoría: Novas
Etiquetas: