UMI NO YEAH!! e KIRIHITO: A VANGARDA MUSICAL DO XAPÓN, AO VIVO EN OURENSE

14 / 03 / 2011

Festival de Cine de Ourense e Cineclube Padre Feijóo, en colaboración coa Universidade de Vigo, achegan a Ourense dúas bandas da vangarda musical de Tokio: Umi No Yeah!! e Kirihito. O concerto enmárcase no ciclo Cine e Música que terá lugar no mes de marzo [cartaz], no que se proxectará, entre outras películas, o documental francés We don’t care about music anyway(Cédric Dupire e Gapard Kuentz) que dá conta da escena musical nipona.

A ocasión de traer as bandas como complemento da proxección é unha oportunidade inmellorable para disfrutar ao vivo das novas tendencias musicais que raramente se achegan até a nosa terra.  A cita é o vindeiro 24 de marzo no café cultural Auriense a partir das 22:00 horas con entrada gratuíta.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: