ÚLTIMA OPORTUNIDADE PARA ENTRAR A FORMAR PARTE DO XURADO DE AMAL 2011

21 / 12 / 2010

Por primeira vez, o Festival de Cinema Amal ofrecerá a estudantes universitarios a oportunidade única de formar  parte do xurado de preselección. Para iso, convoca a un concurso mediante o cal se seleccionará a un estudante da Universidade de Santiago de Compostela para incorporarse ao xurado da súa novena edición, que se celebrará en outubro do 2011.

O xurado de preselección debe visionar todo o material recibido, valoralo e puntualo, achegando unha opinión decisiva para decidir a programación oficial de Amal 2011. Aqueles amantes do cinema que estean interesados en participar, deberán remitir o seu Curriculum e unha breve carta de motivacións antes do 15 de xaneiro a amal@araguaney.com. É imprescindible contar con coñecementos de inglés e francés. Con esta iniciativa, Amal quere abrir a porta ás impresións e opinións das novas xeracións,  coa intención de converter o Festival nun evento aínda máis plural, participativo e próximo.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: