TRES PASES DE DIÑEIRO FÁCIL, ESTA TARDE EN OURENSE

4 / 12 / 2013

Hoxe, mércores día 4 de decembro terán lugar ás 18, 20.30 e 23h a proxección de Diñeiro Fácil na Biblioteca Nodal de Ourense.

Título orixinal: Snabba Cash

Dir. Daniel Espinosa | Suecia, 2010 | 124′

2010 Premios Guldbagge (Suecia): Mellor Actor, Fotografía

Sinopse | Os baixos fondos de Estocolmo son un sumidoiro ao que van todos os refugallos da sociedade sueca. Todos queren defender o seu territorio e lucrarse a calquera prezo. A enigmática desaparición dunha muller será o nexo de unión de tres criminais cun obxectivo común: vingarse do gran capo Radovan.

Máis información en cineclubepf.blogspot.com

 

Categoría: Novas
Etiquetas: