OBRADOIRO DE FOTOMONTAXE E ANIMACIÓN A CIDADE

16 / 04 / 2009

A Fundación Eugenio Granell (Santiago de Compostela) convoca un obradoiro para rapaces de 8 a 12 anos sobre fotomontaxe e animación baseado no conto A Cidade de Herman Hesse, os días 21, 22, 28 e 29 de Abril en horario de 18:00 a 19:00 horas.

Miguel Calvo Ulloa, que imparte o curso, é fotógrafo e artista plástico; ten impartido diversos talleres e cursos de fotografía para diferentes centros e colectivos ( Cgac, IES. Ramon Mª Aller Ulloa, UGT, etc..), tamén ten realizado mostras individuais e colectivas en diferentes espazos ( Fundación Granell, Galería Metro, Galería ltf Lodz, Verbum, Auditorio de Galicia, Cgac, Museo Ramón Mª Aller Ulloa ), ademáis de ter traballado en distintas publicacións, e colaborado con artistas de diversas disciplinas. 

Esta actividade parte do conto A Cidade de Herman Hesse que funcionará como fío condutor, sobre o cal se traballaran en grupo e individualmente, diferentes técnicas elementais de fotomontaxe e animación a partir de materiais de refugallo e ferramentas de uso doméstico como tesoiras, pegamento, cámara de fotos ou ordenador. 

Partindo dunha introdución as técnicas primarias de manipulación fotográfica os/as asistentes coñeceran  a historia da fotografía, o cinema primitivo e os seus protagonistas. Dende a relación do tempo coa mirada, a continuidade narrativa da fotografía e as técnicas primitivas do cinema, pretendese incentivar unha mirada critica coas imaxes e cos seus diversos usos. 

O conto ” A Cidade” de Herman Hesse, será o punto de partida para realizar diversas animacións, un traballo en equipo que se editará (como outros traballos individuais),  en soporte papel e dixital.  

Número de prazas:  15 ; Prezo do curso:  45   

Máis información: 

Fundación Eugenio Granell www.fundacion-granell.org

Categoría: Novas
Etiquetas: