SUPER 8 GAÑA A MODALIDADE DE VIDEOCREACIÓN DO CONCURSO XUVENTUDE CREA 2012 DA XUNTA DE GALICIA

29 / 10 / 2012

Ao longo de outubro estanse reunindo as comisións de valoración das once categorías artísticas que conforman o concurso Xuventude Crea 2012, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Concorreron ao certame 245 traballos realizados por máis 300 mozos de entre 16 e 30 anos residentes en Galicia.

Na categoría de videocreación, unha comisión presidida por Yolanda Otero, e integrada por Sofía Grandío, Francisco Freire, Guillermo Escrigas e Jaime Pena como vocais, e por José Manuel Ramberde como secretario, outorgou o primeiro premio, dotado con 3.000 euros, a Super 8, de Alexandre Martínez Pérez. O segundo premio, dotado con 1.500 euros, recaeu na costureira, de Clara Elisa Sobrino Heyvaert; e o terceiro, dotado con 1.000 euros, foilles concedido, “ex-aequo”, á incrible historia de Santi Pingüin, de Ronsel Rodríguez, e a Arrevoa vos meus cabelos, de Olalla Castro. Os traballos ganadores desta modalidade de Xuventude Crea 2012 proxectaranse no Centro Galego de Artes dá Imaxe (CGAI).

Categoría: Novas
Etiquetas: