A segunda quenda do ciclo “Roberto Vidal Bolaño recuperado, citas audiovisuais” comezará o vindeiro mércores, día 13 de novembro ás 19.00h e prolongarase en dúas sesións semanais durante o mes en curso.

A altura e o rigor analítico foron as notas que caracterizaron a primeira parte do ciclo, conducido polos profesores Inma López Silva e Xosé Manuel Fernández Castro.

Unha experiencia de características singulares que permite afondar de xeito práctico no teatro do grande dramaturgo Roberto Vidal Bolaño de quen seguimos celebrando o ano das letras galegas.

A entrada é gratuíta e o inicio da sesión é ás 19 horas.