No Boletín Oficial do Estado con data de 28 de novembro de 2011, saen publicadas a concesión das axudas para a produción de películas e documentais para televisión sobre proxecto, a concesión de axudas para a produción de series de animación sobre proxecto e os criterios para o outorgamento ás películas cinematográficas e outras obras audiovisuais da categoría “Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero”, así como pictograma informativo.

A continuación tedes os links que vos achegan directamente ás resolucións correspondentes:

- Concesión de axudas para a produción de películas e documentais para televisión sobre proxecto, correspondente á convocatoria do ano 2011: http://www.boe.es/boe/dias/2011/11/28/pdfs/BOE-A-2011-18715.pdf

- Concesión de axudas para a produción de series de animación sobre proxecto, correspondente á 2ª convocatoria do ano 2011:http://www.boe.es/boe/dias/2011/11/28/pdfs/BOE-A-2011-18716.pdf

- Criterios para o outorgamento ás películas cinematográficas e outras obras audiovisuais da categoría “Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero” así como pictograma informativo: http://www.boe.es/boe/dias/2011/11/28/pdfs/BOE-A-2011-18717.pdf