A partir do 1 de xuño as oficinas da Academia Galega do Audiovisual retomarán a súa actividade de xeito progresivo. Mentres dure o estado de alarma provocado pola Covid-19 priorizarase a atención telefónica. Para consultas ou xestións só se poden resolver de xeito presencial, será preciso solicitar cita previa e, dentro das instalacións, usar mascarilla e manter a distancia de seguridade.

Os teléfonos de contacto volven ser 981 227 701 e 981 208 393 e seguen operativos os enderezos de correo electrónico:
Dirección: direccion@academiagalegadoaudiovisual.gal
Xerencia: gerencia@academiagalegadoaudiovisual.gal
Comunicación: prensa@academiagalegadoaudiovisual.gal
Información Xeral: info@academiagalegadoaudiovisual.gal

Por último, retómase o horario habitual de atención ao público: de 9:00 a 17:30 de luns a xoves e de 9:00 a 15:00 os venres.