RAMON CAMPOS, AUTOR DE DESAPARECIDA E GUANTE BLANCO FALARÁ DO DESENVOLVEMENTO DUNHA SERIE DE FICCIÓN NO MPXA

2 / 01 / 2009

Ramón Campos, produtor executivo de Guante Blanco e Desaparecida, impartirá clase os próximos días 26 e 27 de febreiro en MPXA (Máster en Produción e Xestión Audiovisual) sobre produción executiva en televisión. Campos abordará o proceso creativo dunha serie de ficción desde o guión, o cásting, os condicionantes da produción ata as negociacións coa cadea que emitirá o programa.
Este profesional desenvolveu a súa carreira profesional en Galicia onde é creador de series que triúnfan na televisión galega, como ‘A vida por diante’ ou ‘Pai Casares’ e autor de dúas películas rodadas para televisión que se emitiron en Tele 5 -‘Diario dun skin’, ‘Secuestrado en Georgia-. O produtor executivo de Guante Blanco cre que as cadeas se atopan en maior dispersión co aumento de canles en TDT e descargas de series en internet.

Ramón Campos é socio da produtora Bambú Producións e nestes momentos desenvolve varios proxectos para televisión. Campos considera que o nivel da ficción española é moi alto porque ‘series nacionais compiten con títulos estranxeiros sen problema’.

Categoría: Novas
Etiquetas: