O RAIO VERDE INAUGURA A TEMPADA DE PORTAS ABERTAS PARA COÑECER A ESCOLA

30 / 06 / 2014

A partir de hoxe a Escola de Produción Audiovisual, Radio e Espectáculos CRP O RAIO VERDE en Santiago de Compostela abre as súas portas ao público para dar a coñecer o seu Ciclo Superior en FP para o curso 2014/2015. Os interesados poderán disfrutar dunha visita guiada na que se amosarán as instalacións e equipos do Centro así como se explicarán os contidos formativos e prácticos do Ciclo Superior de FP en Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos. 

Entre os módulos do Ciclo destacan “Empresa e iniciativa emprendedora” a través do cal se estuda e define a oportunidade de creación dunha pyme, valorando o impacto sobre o contorno de actuación e incorporando valores éticos.   “Planificación de proxectos audiovisuales” é outro módulo con noos contidos que desenvolve as funcións correspondentes á planificación de proxectos de cine, vídeo, televisión, multimedia, animación, radio e new media.

Prácticas en empresas do sector

O Ciclo Superior ten unha duración de dous cursos académicos, cun total de 2000 horas lectivas, das que arredor de 400 do segundo curso se desenvolven en empresas como formación no centro de traballo (FTC), requisito indispensable para a obtención do título oficial unha vez superado o Ciclo. Con este título oficial adquírense as competencias para exercer como produtor, axudante de produción ou auxiliar, na organización e realización dun produto nos tres medios (audiovisual, radio e espectáculos). Estes son os profesionais responsables da organización, supervisión e gestión dos recursos económicos, materiais, técnicos e humanos para a produción de televisión, cine, video, multimedia, radio ou espectáculos, asegurando o cumprimento dos plans e obxectivos da produción, no tempo e as condicións de custe establecidas, así como a lexislación e economía propias.

Para a realización de prácticas formativas por parte do seu alumnado, O RAIO VERDE mantén convenios de colaboración con consolidadas empresas do ámbito audiovisual, radiodiofónico e de espectáculos, amáis de con entidades como a Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA). Ademáis, o Centro desenvolve actividades complementarias como visitas a centros de traballo ou charlas-coloquio con profesionais do sector coa finalidade de que o alumnado estea en contacto permanente co sector laboral no que vai a desenvolver a súa actividade profesional.

Máis de 25 años de historia

Fundado en 1988, CPR O RAIO VERDE, Centro Integrado de Formación Profesional, conta cunha traxectoria docente de máis de 25 anos, a través da que formou e profesionalizou a un grande número de alumnos da man dun equipo docente altamente cualificado e con ampla experiencia no sector.  Situado na Rúa Angustia nº31,  é o único centro autorizado en Santiago de Compostela para impartir este título oficial da familia profesional de Imaxe e  Son, homologado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (D.O.G.. 208/26/00/01- Nº de Centro 15032236).

Categoría: Novas
Etiquetas: