RÁFAGAS: ESPERANDO A GODOT + XORNADAS RÁFAGAS

21 / 11 / 2012

Mañá mércores ás 20.30h temos  unha nova cita no Centro Ágora cun dobre programa: proxección do documental Godot Saraievo + Representación teatral Á espera de Godot. Todo un alegato do absurdo da guerra. A entrada é libre.

Aproveitamos tamén para informarvos de que segue aberto o prazo  para inscribirse nas vindeiras xornadas de RÁFAGAS:

§  Conflitos, xornalismo e arte: cuestión éticas – 29 e 30 de novembro

§  Ráfagas de educación para a paz – 3 e 4 e decembro (en colaboración coa UDC)

As xornadas son gratuitas pero é preciso inscribirse.Toda a información e inscricións en:  www.rafagas.org e no arquivo adxunto.

Categoría: Novas
Etiquetas: