QUINCE PROXECTOS DE ALTO NIVEL PARTICIPARON EN A CORUÑA NA IV EDICIÓN DO PITCHING DO CLAG

8 / 05 / 2008

Hoxe foron presentados na Fundación CaixaGalicia de A Coruña os 15 proxectos audiovisuais seleccionados para participar na IV edición do Pitching “I+P, ideas para producir” do Clúster Audiovisual Galego, CLAG, presentada esta mañá e que convertiu a capital coruñesa nun punto de encontro para creadores, produtores e distribuidores da industria audiovisual.

Tal e como destacou na rolda de prensa de presentación do Pitching a xerente do CLAG, Carla Reyes, os 15 proxectos presentados “ caracterízanse polo alto nível e pola variedade de xéneros” que abordan dende o cine, o xénero documental, a animación ata o formato para móviles, entre outros. A súa vez, o vicepresidente do CLAG, Pancho Casal, quen definiu o Pitching coma “un encontro de negocios dentro da filosofia do CLAG” destacando a gran calidade das presentacións proxectadas, sinalou que “a maduración dos proxectos do Pitching convocado polo CLAG está na banda alta do que se fai en Europa”. Asemade declarou que “o Pitching quere ser a presentación ao sector dos proxectos máis creativos nacidos en Galicia”.

As sesións de exposición destes proxectos celebráronse dende as 9:•30 da mañá ata as 13:45 horas e foron inauguradas polo presidente do CLAG, Antón Reixa, e a xerente Carla Reyes. Entre os asistentes ao pitching destaca a presencia de directivos de TVE, Aragón TV, TV Valenciana, Telemadrid, Catalán Films & TV, Telefónica, SGR, Grundy Entretenimiento, TV Canarias, Filmax Entertainment, Filmax Televisión, Benecé Produccións, ETB, Destino Galicia, 7 RM, e New Atlantis, quenes mantiveron sesións bilaterais cos autores dos proxectos ao remate das presentacións.

Deste xeito, o Pitching consolídase como unha oportunidade estratéxica para os proxectos que se presentan nel, que nesta edición foron os seguintes:

– Proxecto ‘No me dejes en paz’, presentado por Jorge Algora, de Adivina Producciones

– Proxecto ‘Rascayú’, presentado por Juan Nouche, de Ottiplanet Group S.L.

– Proxecto ‘Todos por un sueño’, presentado por Pancho Casal, de Continental Producciones

– Proxecto ‘Egoistas’, presentado por Peter Domankiewicz

– Proxecto ‘La chica de ayer’, presentado por Manuel Sanabria e Carlos Villaverde

– Proxecto ’23 F 2.0.’ presentado por Carlos Portela, de Voz Audiovisual

– Proxecto ‘For Jonh’s Sake’, presentado por Ruth Chao, de TV Siete

– Proxecto ‘Little Galicia’, presentado por Alber Ponte e Hugo Serra

– Proxecto ‘Mar libre’, presentado por Beatriz Rodriguez, de Ficción Producciones

– Proxecto ‘Lila’, presentado por Toni Marín, de Cromosoma

– Proxecto ‘Más que amigos’, presentado por Coté Soler e Pablo Fernández

-Proxecto 0747, presentado por Beatriz Legerén, de Interacción, e Carina Portillo, de Mortimer Produccións

-Proxecto ‘Los Extras’, presentado por Maria Arochena, de Perro Verde Films

– Proxecto ‘Castillos de Arena’, presentado por Xavier Bermúdez e Manane Rodríguez, de Xamalú Filmes

– Proxecto ‘Alfonso Graña’, presentado por Carlos Oro, de La Región S.A.

Categoría: Novas
Etiquetas: