Todos aqueles interesados en participar no Festival Amal aínda están a tempo de enviar a súas películas: o prazo de inscripción para a octava edición finaliza o próximo 15 de xunio.

Dende a apertura do concurso, o pasado 28 de xaneiro, rexistrouxe unha alta participación, con películas procedentes de máis de 30 países. O maior número de  producións de países árabes procede de Palestina, seguida por Líbano, Arxelia e Marrocos. Pola súa parte, Francia encabeza a participación dentro dos países non árabes e, de seguido, España, Túnez e Reino Unido.

Cualquera longametraxe de fición, documental ou curtametraxe producida o coproducida por un país árabe, ou aquelas películas que aborden temática árabe, independentemente do seu país de orixe, poden competir na VIII edición do Festival, que regresará a Compostela entre o 23 e o 30 de Octubro. Os traballos, que deberán estar finalizados entre 2008 e 2010, poderán inscribirse on-line, unha das novidades da presente edición do concurso.

As obras seleccionadas serán proxectadas nas sedes do Festival e as curtametraxes, tanto documentaies como de fición, poderán verse, como xa ocurreu na pasada edición, a través da web www.amalfestival.com, sitio no que tamén están as bases.