“GRANDES TENDENCIAS NA TELEVISIÓN ACTUAL”, NO CURSO DE POSGRADO DE COMERCIALIZACIÓN INTERNACIONAL DE CONTIDOS AUDIOVISUAIS

8 / 01 / 2009

Manuel Cristobal, Director-Xerente da productora El Perro Verde Films impartirá clase en CICA (Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais) o próximo 9 de xaneiro. Durante estas xornadas realizará unha introdución á industria da televisión e explicará as grandes tendencias da televisión na actualidade.
Cristobal é vicepresidente de AEPA (Asociación Española de Productores de Animación), Vicepresidente de Novas Tecnoloxías e membro da Xunta Directiva de FAPAE (Federación de Productores Audiovisuales de España), Secretario da Xunta de CARTOON (Asociación Europea de Cine de Animación). Tamén é membro da European Filme Academy.

Entre as numerosas producións de animación que produciu Manuel Cristobal, podemos destacar El lince Perdido, unha coprodución con Antonio Banderas que se estrenou o mes pasado.”Gritos en el pasillo”,”Zoombie westerm” son algunhas das producións que produciu desde El Perro Verde Films.

Categoría: Novas
Etiquetas: