A Academia Galega do Audiovisual ven de facer pública a listaxe provisional de candidaturas aceptadas para a XII edición dos premios do audiovisual galego Mestre Mateo.

Así mesmo, tamén comeza o prazo de alegacións dos socios a este listado que estará aberto ata o vindeiro venres día 20 de decembro.

Xa no mes de xaneiro publicarase o listado definitivo de obras que participan nos Mestre Mateo e comezará o primeiro período de votacións, de onde sairán os catro finalistas en cada unha das categorías.

A continuación podedes consultar o listado.