PROXECCIÓN THE DEVIL AND DANIEL JOHNSTON EN OURENSE

23 / 10 / 2012

O Cineclube Padre Feijoo en Ourense continúa o ciclo American Singers (como complemento á programación musical de American Autumn do Café Pop Torgal), cun filme cualificado pola crítica como “Excelente documental…que se revela como a crónica vital dun ser tenro, violento e desesperado” (Sergi Sánchez, Fotogramas), ou “Viaxe frenética de dor, risas e drama…” (Matt McNally, BBC News)…

Este mércores, 24 de outubro de 2012, no Cinebox Ourense, (en sesións ás 18, 20:30 e 23 h), poderase ver The Devil and Daniel Johnston, de Jeff Feuerzeig.

THE DEVIL AND DANIEL JOHNSTON
(2005, EE.UU) 110 min.


Dirección: Jeff Feuerzeig | Guión: Jeff Feuerzeig | Música: Daniel Johnston | Fotografía: Fortunato Procopio | Intérpretes: Daniel Johnston, Bill Johnston, Mabel Johnston, Louis Black, Jeff Tartakov | Productora: Sony Pictures Classics / This Is That Productions / Complex Corporation | Cor e B/N (aspecto 1.85:1) | Formato/distribución: 35 mm (Orixinal 8/16 mm) | Son: Dolby dixital | Lingua/subtítulos exhibición: VOSE versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán | Estreada en España: 06/10/2006 | Estrea en Ourense: 24/10/2012 (Cinebox)
Premios:

Festival de Sundance 2005: Mellor director documental
Festival de cine independiente de San Francisco 2005: premio do público ao mellor documental
Sipnose: Documental que descubre a fascinante e terrible historia do cantautor norteamericano Daniel Johnston. Un xenio, compositor, cantante e artista maníaco depresivo a quen as drogas e a enfermidade mental o levan a imaxinarios encontros co Demo. Desde moi pequeno Daniel mostrou trazos da súa xenialidade e creatividade artística, ao través da banda deseñada e as gravacións en Super 8. O documental, segue ao persoaxe e, amosa como se transforma en obxecto culto apoiándose nas gravaciones do propio Daniel Johnston.

O tráiler do filme; http://www.youtube.com/watch?v=wJZOe65eA4Y

 

+info AMERICAN SINGERS/ AUTUMN:


Programación cinematográfica: http://cineclubepf.blogspot.com.es 

Tráiler coa programación: http://www.youtube.com/watch?v=jHtlDWfEDnI&feature=player_embedded

Programación musical: http://www.cafepoptorgal.com

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: