PROXECCIÓN DE “O SEGREDO DA FROUXEIRA” NO ANTIGO CÁRCERE

6 / 06 / 2011

O vindeiro sábado 11 de xuño ás 18.30h proxectarase no antigo cárcere da Coruña “O Segredo da Frouxeira”, de EAF Producións.

Será dentro dos actos de inauguración da exposición “Liberdade” da plataforma cidadá “Proxecto Cárcere” en colaboración coa Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica e tras unha charla coloquio sobre a represión no franquismo.

Entrada libre ata completar aforo.

Categoría: Novas
Etiquetas: