PROXECCIÓNS NO MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA GAS NATURAL FENOSA

10 / 12 / 2013

O vindeiro xoves, 12 de decembro ás 20.00 preséntase a curta documental Atadora, mentres que o sábado día 14 ás 18.00, é a quenda do cine do ciclo “Maxia na pantalla” coa proxección do coñecido filme Los Goonies.

Presentación curta documental

Xoves 12 de decembro ás 20:00h | Entrada libre, aforamento limitado

Atadora. Atadora é unha curta resultante do traballo de alumnos e profesores do taller Iniciación ó documental que tivo lugar no museo este ano. Na súa presentación contaremos coa presenza do equipo técnico e artístico, así como a dos veciños de Malpica, que nos visitarán con motivo da proxección da curta. Tras a presentación haberá unha actuación musical e un brinde para celebrar a finalización deste proxecto documental.

  

Maxia na pantalla

Sábado 14 de decembro 18:00h | Entrada libre, aforamento limitado

Los Goonies (1985), Richard Donner. Mikey é un rapaz de trece anos que xunto co seu irmán maior e os seus amigos, decide subir a xogar ao faiado da súa casa, onde o seu pai garda antigüidades. Alí encontran o mapa de un tesouro perdido. Acción sen fin para este clásico moderno do cine familiar e de aventuras.TP.

Categoría: Novas
Etiquetas: