O Centro Galego de Artes da Imaxe presenta mañá mércores día 28 de novembro (pase único, 20.30 horas), dentro da sección de estreas Fóra de serie, o filme Leviathan (2012) de Lucien Castaing-Taylor (Sweetgrass) e Véréna Paravel (Foreign parts), unha fascinante experiencia visual e sensorial premiada en Locarno.      LEVIATHAN     

(Estados Unidos-Gran Bretaña-Francia, 2012)
Dirección e fotografía: Lucien Castaing-Taylor e Véréna Paravel. Produción: Arrête ton Cinéma. Duración: 87 minutos.  
Fusión de talentos do cine moderno, Véréna Paravel (Foreign parts) e Lucien Castaing-Taylor (Sweetgrass) firman un fascinante itinerario inspirado por Moby Dick. Ambos fanse á mar nun barco pesqueiro é o resultado é unha experiencia sensorial inesquecible. Premio FIPRESCI e mención especial en Locarno.