PROXECCIÓN DA CURTA “CUILOS” DA COSTARRICENSE PAZ FÁBREGAS EN CURTOCIRCUÍTO

23 / 10 / 2008

A directora costarricense Paz Fábrega presenta a súa cortametraxe Cuilos na competencia internacional do festival de curtametraxes Curtocircuíto que se está a celebrar en Santiago de Compostela do 17 ao 24 de outubro.
Paz Fábrega estará presente nas proxeccións acompañada polo seu produtor Jean des Forêts (Les Films du Requin, Francia) o por Fernanda del Nido (Tic Tac Producciones, Galicia) ambos copordutores da súa primeira longametraxe de ficción Agua Fría de Mar que ten prevista a súa rodaxe para xaneiro do 2009 en Costa Rica.

Así mesmo proxectarase a primeira curta de Paz Fábrega, Temporal.

Proxeccións:

Cuilos, mércores 22 de outubro, 20:30 horas, no Teatro Principal.

Temporal, mércores 22 de outubro, 19 horas, na Facultade de Filosofía.

Categoría: Novas
Etiquetas: