PROXECCIÓN DAS CURTAS NOMINADAS NOS IV PREMIS GAUDÍ

23 / 01 / 2012

A Academia Galega do Audiovisual exhibirá do día 30 de xaneiro ao 3 de febreiro a partir das 19.00h as curtas finalistas nos IV Premis Gaudí que se celebrarán en Barcelona o vindeiro 6 de febreiro.

Inauguraremos as proxeccións en A Coruña na sede da Fundación Novacaixagalicia (Cantón Grande 21-24) o luns 30 de xaneiro; as proxeccións seguirán o martes 31 de xaneiro en Lugo na Fundación Novacaixagalicia (Praza de Santa María s/n); o 1 de febreiro será a quenda en Ourense, no Centro de Desenvolvemento (Avda. Pontevedra 9); o xoves 2 de febreiro proxectaranse na Fundación Novacaixagalicia (Rúa do Vilar 19), e remataremos o venres 3 de febreiro en Vigo, na Fundación Novacaixagalicia (Policarpo Sanz 13).

Tedes máis información no programa adxunto.

Categoría: Novas
Etiquetas: