O Centro Galego de Artes da Imaxe presenta máña sábado día 15 de xuño (18.00 horas), dentro da sección OFF GALICIA, unha sesión dedicada ao Certame de curtametraxes convocado desde o ano 2011 pola Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Ofreceremos os dous primeiros premios das tres edicións celebradas. Varios dos autores terán un encontro co público. A entrada é de balde.    
 CURTAMETRAXES CERTAME EOI    
(España, 2011-2013)
Dirección: VV. AA. Duración: 48 minutos.  
Presentación dos traballos premiados nas tres edicións do certame de curtametraxes convocado pola Escola Oficial de Idiomas de A Coruña. Proxección dos dous primeiros premios de cada ano: as pezas gañadoras de 2011 (A bolboreta Sabela e O antídoto), 2012 (Todas as mulleres que fun e Inmersión cultural) e 2013 (Un bó final e Sen voz).