PROGRAMACIÓN EN CANLES TEMÁTICOS,OBRAS MUSICAIS, E FINANCIACIÓN EN MPXA

4 / 05 / 2009

Estes días en MPXA estarán profesionais de recoñecido prestixio para explicar coñecementos de diferentes aspectos do mundo audiovisual, dende a programación nos canles temáticos á produción musical,  pasando polo financiamento audiovisual e a animación.

Dolores Nogales e Augusto Algueró Jr. impartirán clase o día 5 de maio sobre a propiedade intelectual nas obras musicais e as obras audiovisuais, así como os aspectos artísticos, legais e económicos na utilización de obras musicais. Algueró é responsable musical da Sexta e Nogales é consultora en materia de propiedade industrial e intelectual.

Pedro Martín, director de proxectos e desenvolvemento de Audiovisual SGR, explicará aos alumnos de MPXA como realizar análises de viabilidade empresarial para as diferentes produtoras, así como as axudas que aportan para mellorar o financiamento e o desenvolvemento de proxectos. Audiovisual SGR é unha entidade financeira de ámbito nacional que ademais é a primeira sociedade de garantía recíproca específica para o sector dos contidos de carácter cultural ou de lecer.

Manuel Cristóbal impartirá o día 6 de maio unha clase sobre as películas de animación e as vías de financiamento. Desde a produtora Perro Verde Films produciu catro longametraxes: El lince perdido, Los muertos van deprisa, La noche que dejó de llover y Gritos en el pasillo.

Pola súa parte, Carlos Herrán, director de programación de AXN, explicará os contidos e as grellas de programación dos canles temáticos.

Categoría: Novas
Etiquetas: